Deseño de imaxe corporativa, web e promoción da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas:
Fundada no 1984 pola Asociación Cultural Xiria, a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) é hoxe unha das máis importantes manifestacións galegas, estatais e internacionais de espectáculos vivos que teñen o humor por bandeira.
Desenvolvido a partir do logotipo orixinal de Manuel Pizcueta nos inicios da Mostra, en 2014 a organización solicita unha revisión que o asemelle ás esculturas realizadas por Manuel Lareo para o Premio Xiria ao Labor Teatral e para o Premio Mulleres en Acción, que xa forman parte tanto da historia como da imaxe da MITCFC.